publicidade hoxe

A IX Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” dispútase este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportes
A-
A+

O porto de Ares acollerá o sábado, día 20 a partires das seis da tarde, a Novena Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, unha regata organizada polo Club de Remo local que, un ano máis, conta coa colaboración da administración municipal. Precisamente hoxe a alcaldía do Concello acolleu a presentación do evento deportivo, na que participaron o tenente alcalde e edil de Deportes Eugenio Fernández, xunto co delegado do Club de Remo Manuel Peña e o patrón da traiñeira local Alejandro Permuy.

A IX Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” será a antepenúltima regata da Primeira división da Liga Galega de Traiñeiras. No caso da regata de Ares, participarán once clubes, o que congregará na vila a centos de persoas durante a tarde do sábado.

A traiñeira que resulte gañadora durante o sábado recibirá a bandeira que esta mañá luciu na alcaldía durante a rolda de prensa.

Na presentación de hoxe destacouse o gran nivel dos remeiros da embarcación local, e a confianza en acadar os mellores resultados nesta competición. Ademais, resaltouse importancia da promoción do deporte de base e a axuda ás entidades locais para o desenvolvemento das diferentes modalidades como é o remo, que conta cun importante arraigo neste municipio. 

17 de agosto de 2016 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.