publicidade hoxe

A Feira do Microemprendemento reunirá en Curtis a xóvenes emprendedores e músicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Os emprendedores e a música daranse a man este venres, 26, na Feira do Microemprendemento Xove, que xorde da iniciativa da asociación curtiense Fusquenlla para dar a coñecer, e en certa maneira homenaxear, aos mozos que se iniciaron no complicado mundo de iniciar unha actividade económica e profesional.

 A Feira, que se organizará na nave multiusos do pobo de Curtis, reunirá varios expositores onde os xóvenes da área da montaña curtiense mostrarán as súas propostas e produtos. A xornada, amenizada tamén con música, finalizará ás 23.00 horas co CurtisSon, un concerto que reunirá a cinco grupos galegos: Señor Magick, Los jinetes del trópico, Pájaro’s Jazz, Leirabuxo e Os do Xalo.

 A iniciativa, na que o Concello de Curtis colabora activamente, está subvencionada pola Dirección Xeral da Xuventude, Participación e Voluntariado, que tamén porá unha caseta de promoción do Carné Xove.  

 Este é o quinto ano no que o colectivo Fusquenlla desenvolve unha actividade vinculada coa mocidade e que serve como pistoletazo de saída das Festas Patronais de Curtis, que comezarán o día 26 e finalizarán o martes, 30. En anos anteriores, centráronse na música e no desenvolvemento de talleres de formación para axudar aos músicos a converter a súa paixón nunha profesión, e nesta ocasión apostaron, ademais de por manter a música co CurtisSon, pola exposición de manualidades dos microemprendedores. 

23 de agosto de 2016 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.