publicidade hoxe

A Deputación da Coruña mellorará a seguridade vial na DP 0514 no concello da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Laracha
A-
A+

A Deputación da Coruña continúa realizando investimentos para a mellora dos máis de 2.000 quilómetros de estradas provinciais. Nos vindeiros días, o Boletín Oficial da Provincia publicará o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos de 40 fincas colindantes coa estrada DP 0514 Xermaña-Caión, no termo municipal de A Laracha, para realizar as expropiacións necesarias para a construción dunha nova senda peonil e a mellora da estrada no lugar de Alvite, en dirección ao núcleo de Caión, que suporán un investimento de preto de 400.000 euros para mellorar a seguridade vial na zona, segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño.

En concreto, as obras terán un orzamento de licitación de 307.957,60 euros, mentres que se reservan 88.445,28 euros para as expropiacións dos terreos, cuxos titulares, un total de 27 persoas, serán notificadas.

As obras consistirán na construción dunha senda peonil de 960 metros de lonxitude, que se alternará por ambas marxes da estrada nun tramo que conta cun elevado volumen de tráfico, especialmente durante a época estival, e que na actualidade non conta con paso dispoñible para peóns.

A actuación completarase coa pavimentación dos aumentos da calzada, a renovación da rede de pluviais, a canalización dos servizos e a dotación de nova sinalización vertical e horizontal.

29 de agosto de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.