publicidade hoxe

A Deputación da Coruña destina 330.000 euros a mellorar estradas en Rianxo e Mazaricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMazaricosRianxo
A-
A+

A Deputación da Coruña continúa realizando investimentos para a mellora dos máis de 2.000 quilómetros de estradas provinciais. Esta mañá, a sede da institución provincial acolleu a sinatura dos contratos para a execución das obras de mellora da estrada DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna e a construción dunha nova senda peonil na DP 3404, no termo municipal de Mazaricos, “que suporán un investimento cercano aos 330.000 euros e que contribuirán a mellorar a seguridade de conductores e peóns na zona”, segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño.

En Rianxo, a Deputación adxudicou por 277.256,65 euros á empresa Sondeos Porzuna a execución dos traballos de mellora da capa de rodaxe da estrada DP 3301 dende o inicio da mesma ata o punto quilométrico 5,400, mediante o extendido dunha capa de 5 cm. de espesor de mistura bituminosa en quente, previo fresado de distintos puntos da calzada e reparación de zonas deterioradas da actual plataforma.

O proxecto inclúe tamén o desbroce e limpeza das marxes da estrada e das beiravías, o repintado das marcas viais e sinalización horizontal e nova sinalización vertical neste tramo de máis de cinco quilómetros. Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas, teñen un prazo de execución de catro meses.

Senda peonil en Mazaricos

Tamén hoxe se asinou o contrato coa empresa OYS Noroeste , que suporá un investimento de 51.810,69 euros para a construción dunha nova senda peonil na estrada DP 3404 Serra de Outes-Dumbría, dentro do termo municipal de Mazaricos.

A senda construirase na marxe dereita da calzada, entre os puntos quilométricos 19+600 e 20+100 e contará coa correspondente rede de recollida de pluviais e cuha liña de arcén de 15 cm. con resalto. O proxecto contempla tamén a colocación de nova sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é de sete meses.

24 de agosto de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.