publicidade hoxe

A Consellería do Mar acondiciona o pavimento da explanda de acceso á lonxa do porto de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de reparar e acondicionar varios tramos de pavimento da explanada de acceso á lonxa do porto de Portosín, no que investiu arredor de 25.000 euros.

A Consellería do Mar mellorou o firme destas zonas con material aglomerado para facilitar o traballo diario dos usuarios da lonxa, especialmente no que ten que ver coas manobras de entrada e saída do peixe da lonxa.

Esta obra levouse a cabo coa finalidade de acondicionar o estado do vial e de mellorar a seguridade, tanto dos vehículos que circulan por el, como dos peóns que levan a cabo o seu traballo nas instalacións portuarias.

A Consellería do Mar, a través de Portos e Galicia, está levando a cabo diversas obras de pavimentación en diferentes portos do litoral galego. Así, ata o momento realizáronse ou están a piques de comezar obras en diversos portos como o de Vilanova, O Grove, Escarabote, Cabo de Cruz, Mugardos e Vilaxoán, entre outros.

17 de agosto de 2016 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.