publicidade hoxe

A campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” chega á praia de Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Esta campaña vaise desenvolver mañá 17 de agosto na praia de Esteiro (Xove).  Trátase dunha actuación enmarcada na nova edición da campaña institucional  “Separemos ben, reciclaremos mellor” que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum. Nesta campaña colabora o Concello de Xove.

Desde a organización da campaña, poñemos a disposición do concello de Xove unha aula móbil de medidas 7,5×3,5 m. onde monitores ambientais se encargarían de explicar á cidadanía as pautas para unha adecuada xestión de residuos, así como solventar todas aquelas dúbidas que puidesen xurdir aos presentes. Tamén se porá a disposición da cidadanía un inchable para os nenos de medidas 6x6m e un servizo de ecopatrulla que informará polo propio areal aos usuarios das actividades a realizar, así como realizará recollidas simbólicas re residuos.

16 de agosto de 2016 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.