Xunta e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colaboran para que titulados de FP realicen prácticas de formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira e Francisco Marín Muñoz na sinatura do convenio

Marisol Díaz Mouteira e Francisco Marín Muñoz na sinatura do convenio

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñoz; asinaron hoxe un protocolo de colaboración a través do que dous titulados de Formación Profesional co CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel realizarán prácticas nas instalacións desta entidade na Comisaría de Augas de Ourense. Deste xeito, a Xunta e esta Confederación Hidrográfica renovan a súa colaboración para facilitar a formación e o aprendizaxe dos titulados de FP.

Díaz Mouteira enmarcou a sinatura deste protocolo na promoción que desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitario se está a desenvolver para que os estudantes de FP coñezan o funcionamento de centros de traballo real, o que facilitará a súa posterior entrada no mundo laboral.

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel seleccionará aos bolseiros de entre os que finalizaran no curso 15/16 o ciclo de grao superior de Laboratorio e Análise e Control da Calidade. O período de prácticas terá unha duración dun ano, e será remunerado a través dun sistema de bolsas, polo que os beneficiarios non suplirán en ningún caso a ningún traballador no Laboratorio de Análise e Calidade das Augas da devandita Comisaría.

A CHMS achegará á Consellería 20.000 euros para a convocatoria destas 2 bolsas de formación, que serán xestionadas a través do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel. Neste sentido a delegada territorial agradeceu a colaboración da Confederación Hidrográfica e o seu interese en participar na formación de expertos en materia ambiental.

14 de xullo de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.