Unha muller de 40 anos resulta ferida grave tres ser atropelada en Santiago
Unha muller de 40 anos resultou ferida grave este mércores tras ser atropelada na cidade de Santiago de Compostela. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o atropelo aconteceu pouco antes das 10,00 horas no barrio de Vite, nas proximidades da rotonda de San Caetano. Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros, a Policía Local e unha ambulancia do 061, que trasladou á muller ferida ata o hospital.











