publicidade hoxe

Un traballador ferido ao caer dun tellado en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador resultou ferido na tarde deste venres ao precipitarse desde un tellado na localidade lucense de Guitiriz. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o home estaba a traballar sobre as 16,00 horas no tellado dun inmoble próximo á N-VI cando sufriu o accidente laboral.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e de Protección Civil, así como unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido a un centro sanitario.

1 de xullo de 2016 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.