publicidade hoxe

Un total de 35 rapaces remataron en Oleiros o curso de vela da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleiros
A-
A+

A praia de Mera, en Oleiros, acolleu hoxe a clausura do segundo curso dos seis que integran este ano a Campaña de Vela 2016 que organiza a Deputación da Coruña.

En dúas quendas de mañá e tarde, un total de 35 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos dos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas remataron hoxe o curso, dunha semana de duración, no que aprenderon os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, mostrou a súa satifacción polo desenvolvemento dos cursos, que permitirán a 200 nenos e nenas da provincia iniciarse na navegación a vela e subliñou que a Deputación da Coruña incrementou este ano de tres a seis as sedes dos cursos que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia.

Tras Cariño e Oleiros, serán os concellos de Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica os que acollerán a Campaña de Vela nas vindeiras semanas.

15 de xullo de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.