Un taxista de Santiago foi denunciado por conducir de forma temeraria tras consumir cocaína

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil denunciou a un taxista de Santiago que foi sorprendido conducindo de forma “temeraria” e que deu positivo por consumo de cocaína cando se dirixía ao aeroporto de Lavacolla a recoller clientes.

Segundo informou o corpo, dáse a circunstancia de que é o terceiro caso de consumo de cocaína por parte dun taxista detectado na zona de Santiago.

O home foi interceptado durante un control na estrada N-634, entre Santiago e Lavacolla, xa que circulaba a unha velocidade excesiva, adiantara nunha zona prohibida, non sinalizara as manobras e non gardaba a distancia de seguridade. Nese momento, o home viaxaba sen pasaxeiros, aínda que se dirixía a recollelos ao aeroporto.

Ademais das infraccións cometidas, os axentes observaron “claros síntomas” de que se atopaba “baixo os efectos dalgunha droga pola súa excesiva vitalidade e outros síntomas”, polo que foi sometido a un test de drogas en saliva, que deu resultado positivo en cocaína.

A Garda Civil recordou que a sanción por conducir con drogas no organismo pode ser de ata 1.000 euros e perda de 6 puntos no permiso de condución. Neste caso tamén foi denunciado por condución temeraria, o que leva consigo a perdida doutros 6 puntos cando a denuncia sexa firme e unha sanción de 500 euros.

21 de xullo de 2016 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.