publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home foi evacuado tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria mentres facía deporte en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do SonSucesos
A-
A+
Europa Press

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago trasladou este martes ao hospital a un home que sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres facía deporte na localidade coruñesa de Porto do Son.

Segundo informaron dende o CAE 112-Galicia, o home, de 52 anos, corría sobre as 10,00 horas na entrada da Praia de Coira cando sufriu un esvaecemento e caeu ao chan.

Ata o lugar desprazouse entón persoal sanitario do 061 no helicóptero medicalizado con base en Santiago, que atopou o home en parada cardiorrespiratoria. Tras realizar as manobras de reanimación, o home foi trasladado ao Hospital de Santiago.

No operativo participaron tamén efectivos da Policía Local e Protección Civil de Porto do Son.

26 de xullo de 2016 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.