Un can provoca feridas nun brazo a unha muller en Pontevedra
Unha muller sufriu varias feridas de carácter grave nun brazo e outras partes do corpo tras ser atacada por un can en Pontevedra a última hora deste mércores.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 20,00 horas na rúa Juan Bautista Andrade, cando a muller foi atacada por un can.
Foi a propia vítima a que chamou ao 112 para pedir asistencia sanitaria por feridas nun brazo e noutras partes do corpo. Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios do 061 para asistir a muller, así como unha dotación da Policía Local.











