Tres persoas resultan feridas nun accidente múltiple en Lugo
Un total de tres persoas resultaron feridas este martes nunha colisión entre tres vehículos rexistrada nas proximidades da cidade de Lugo. Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco antes das 12,00 horas deste martes no corredor que une Sarria con Lugo, á altura da rotonda de Nadela.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos de Bombeiros de Lugo, Protección Civil, Garda Civil e persoal sanitario, que trasladou aos feridos ao Hospital Universitario Lucus Augusti.











