Tres persoas resultan afectadas por un incendio nun piso na Coruña
Tres persoas resultaron afectadas este venres por inhalación de fume e queimaduras como consecuencia dun incendio rexistrado nun piso da Coruña. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 13,10 horas deste venres nunha vivenda do quinto piso dun edificio da rúa Fonte Álamo.
Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros da Coruña, Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061. O lume quedou extinguido sobre as 14,00 horas e calcinou por completo unha habitación e a entrada da vivenda afectada.
Como consecuencia do lume tivo que se trasladado a un centro sanitario, con intoxicación leve e queimaduras, o propietario do piso, así como unha menor que residía no piso de en fronte, tamén por inhalación de gases tóxicos. Os servizos sanitarios atenderon a unha terceira persoa no punto, aínda que non necesitou traslado.











