Tres persoas afectadas por un incendio declarado nun piso de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Un incendio rexistrado durante a madrugada deste mércores nun piso de Vigo afectou a tres persoas, das cales dúas tiveron que ser trasladadas ao hospital. Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o lume declarouse en torno á 1,30 horas da madrugada nunha vivenda do sétimo piso dun edificio situado na Avenida das Camelias.

Ata o lugar foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Vigo, da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil. Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a dúas persoas afectadas polo fume, mentres que outra foi asistida ‘in situ’. Os Bombeiros explicaron ao 112 que o incendio afectou a unha única estanza da vivenda, onde ardeu un sofá, unha caixa de persiana e as cortinas.

6 de xullo de 2016 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.