Rivas Díaz e López-Chaves asisten á exposición ’15 anos do ProxectoTerra’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
López-Chaves e Rivas Díaz na visita á exposición

López-Chaves e Rivas Díaz na visita á exposición

A exposición conmemorativa “15 anos do ProxectoTERRA” do Colexio de Arquitectos de Galicia chegou hoxe a Vigo. Composta por oito prismas onde se mostra o transcorrer desta iniciativa de cooperación co mundo da educación, está dirixido ás distintas etapas educativas co obxecto de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da arquitectura e da identidade territorial galega. Á presentación da exposición, que estará localizada ata o día 10 na rúa Príncipe, asistiron a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, María Encarnación Rivas Díaz, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A iniciativa Proxecto Terra naceu no ano 2000, ideada e impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e dende 2003 conta co apoio da Xunta de Galicia. A finalidade principal do Proxecto Terra é conseguir que a cidadanía perciba a ordenación do territorio e o urbanismo responsable como un piar da sociedade. Dende a Xunta ponse en valor a importancia desta iniciativa, xa que é un proxecto de colaboración co mundo educativo que busca difundir a importancia da sensibilización no respecto á paisaxe e o urbanismo responsable.

5 de xullo de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.