publicidade hoxe

Rianxo acolle os cursos de vela da Deputación da Coruña esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaRianxo
A-
A+

O porto de Rianxo acolle dende esta mañá o terceiro curso dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 organizada pola Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.

En dúas quendas de mañá e tarde, un total de 39 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos dos concellos da comarca de Barbanza iniciaron hoxe un curso dunha semana de duración, durante o que aprenderán os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.

A Deputación da Coruña incrementou este ano de tres a seis as sedes dos cursos de vela que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia, o que permitiu duplicar tamén o número de rapaces participantes.

A vindeira semana, do 25 ao 29 de xullo, o curso terá lugar en Ribeira. Os dous últimos cursos da campaña terán lugar en Muxía e Malpica durante a primeira quincena do mes de agosto.

18 de xullo de 2016 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.