publicidade hoxe

Rey Varela anuncia o apoio da Xunta na futura construción dunha residencia de maiores en Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobios
A-
A+
Reunión de José Manuel Rey Varela coa alcaldesa de Lobios. Foto: X. Crespo

Reunión de José Manuel Rey Varela coa alcaldesa de Lobios. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa do municipio ourensán de Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado.

Na xuntanza a alcaldesa de Lobios presentou ao conselleiro o proxecto de construción da residencia de maiores no municipio ourensán que contará co apoio da Xunta de Galicia. Nesta liña ambos mandatarios sinalaron a importancia das políticas destinadas tanto a maiores como á infancia. Cómpre destacar que o Concello de Lobios ten solicitado á Xunta de Galicia o recurso das novas Casas-Niño, unha iniciativa orientada a atender as necesidades de conciliación das familias e favorecer a igualdade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia.

Na área de maiores, conselleiro e alcaldesa salientaron a importancia do incremento de 2.700 horas anuais -ata acadar as 10.140 horas ao ano- no Servizo de Axuda no Fogar para 2016 que fará que a cobertura deste servizo chegue practicamente á totalidade da poboación que o precisa (99,88%).

28 de xullo de 2016 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.