publicidade hoxe

Portos de Galicia inviste 100.000 euros na pavimentación da Praza do Curro de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia executará nos vindeiros meses a pavimentación da Praza do Curro de Portosín, no municipio coruñés de Porto do Son. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada á zona. Esta actuación, que mellora a integración entre o porto e a vila, foi solicitada polo Concello e conta cun orzamento de 100.000 euros.

Durante a visita, José Juan Durán informou tamén de que Portos de Galicia está a traballar na redacción do proxecto técnico para a dotación de pantaláns para o sector profesional que opera no peirao de Porto do Son. En concreto o proxecto contempla a dotación de 37 prazas de pantalán para embarcacións pesqueiras de 6 a 12 metros de eslora.

Actualmente a empresa redactora ten deseñadas 6 propostas de ubicación destas instalacións que presentará á confraría para consensuar a elección definitiva. Con esta dotación Portos de Galicia mellorará o ordenamento dos atraques en Porto do Son e as condicións de traballo do sector profesional.

O presidente de Portos deu conta tamén do proxecto das obras de pavimentación do entorno da lonxa de Portosín. Estes labores virán solucionar os problemas existentes no firme actual e mellora as condicións do tránsito rodado na zona. O orzamento das obras é de máis de 25.000 euros.

Finalmente, Durán Hermida anunciou tamén que Portos está a traballar nunha proposta de control de accesos ao peirao de Porto do Son e vén de contratar a colocación de defensas, norais e anillas, unha actuación cun orzamento de máis de 24.000 euros.

14 de xullo de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.