O TSXG declara que o ERE de Citroën se axusta a dereito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou a demanda da CUT contra o acordo de medidas de PSA Peugeot Citroën aprobado en marzo, que inclúe un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo e dous temporais, xa que sostén que non se aprecian elementos que perturben a adecuación e xustificación do acordo”.

Tal e como consta na sentenza, o Tribunal entende que o convenio -asinado pola empresa e os sindicatos SIT, UXT, e CC.OO.- e en concreto o ERE “axústase a dereito”, e ademais apunta que “non é aventurado establecer que, ao cabo, tales medidas veñen constituír un mecanismo de minoración do impacto ou alcance das extintivas”.

No mesmo sentido, sinala que non se aprecia “unha indebida obtención de prestacións por desemprego”, e entende que o desenvolvemento das negociacións e as modificacións que se fixeron veñen demostrar “o bo ánimo e vontade negociadora das partes en aras de lograr unha mellor solución aos problemas expostos”.

21 de xullo de 2016 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.