O PSdeG considera que se a investigación do accidente do Alvia non foi rigorosa hai que pedir responsabilidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, considerou que se a investigación realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente e non se abordaron “elementos crave”, como asegura o informe da Axencia Ferroviaria Europea, encargado pola Comisión Europea, o que toca é “pedir responsabilidades” e “retomala no punto que corresponda”.

Tras reunirse co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, na rolda de contactos que fai o líder socialista antes do comité federal deste sábado, Pilar Cancela afirmou que lles parece “tremendamente preocupante” o informe emitido por Bruxelas sobre a investigación realizada do accidente ocorrido en 2013 en Angrois, no que faleceron 80 persoas. “E parécenos grave”, dixo, tamén.

“Se iso é así (que non foi independente e que non se tiveron en conta elementos crave), evidentemente hai que facer unha investigación o máis obxectiva posible e retomar a investigación, se é que houbo déficit nese proceso de investigación”, aseverou.

Pilar Cancela confluíu que, por tanto, hai que facer esa investigación “con todas as consecuencias”. “E, neste sentido, por suposto, se non se actuou como se tiña que actuar, e a investigación non foi rigorosa, o que toca é pedir responsabilidades e que se retome a investigación no punto que corresponda”, sentenciou.

8 de xullo de 2016 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.