publicidade hoxe

O Parque comarcal de bombeiros de Monforte xa dispón dunha nova bomba nutriz pesada con 8.000 litros de capacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+
Raquel Arias na entrega do vehículo

Raquel Arias na entrega do vehículo

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron hoxe en Monforte na acto de entrega dun vehículo bomba nutriz pesada (BNP) que pasará a formar parte do equipamento do que dispón o Parque comarcal de bombeiros monfortino.

Este vehículo sustituirá á bomba nutriz con chasis forestal, dotado cun tanque de 7.500 litros de capacidade, co que contaba o parque e que, a partir deste momento, será trasladada ao de Chantada para que poida ser utilizada en caso necesario. Suplirá así a nutriz de Chantada que está en proceso de reparación tras sufrir un accidente. Unha reparación que, de cumplirse as previsións, podería estar rematadas a finais do vindeiro mes de setembro.

Os representantes da Xunta salientaron a mellora que suporá esta nova bomba para atender ás emerxencias que xurdan nos sete municipios do Val de Lemos que o parque monfortino ten consignado como zona de actuación preferente e que supón dar cobertura a unha poboación de preto de 32.000 persoas.

Segundo indicaron, cando se produce un percance, sexa da naturaleza que sexa, é determinante contar con persoal cualificado en emerxencias pero tamén que este persoal dispoña do equipamento axeitado para poder actuar coas garantías necesarias.

Neste contexto, lembraron que coa incorporación en outubro de 2012 do parque de Monforte ao Consorcio Provincial de Lugo, estase a prestar un servizo homoxéneo e profesionalizado en toda a provincia de Lugo.

Investimentos

Ao longo dos case catro anos que o parque de Monforte leva integrado no Consorcio Provincial de Lugo, efectuáronse diversas inversións por importe de 665.000 euros, tanto para vehículos como para dotación.

Así, este parque comarcal, que conta con 19 profesionais, dotouse dunha Bomba Urbana Lixeira e dunha Bomba Urbana Pesada; diverso material de intervención, informático e de telecomunicaciones; traxes de químicos, cámara térmica, mangueiras, escumóxenos e material ximnasio; material de rescate de altura, entre outro material de dotación.

O custe anual que soporta o Consorcio provincial de Lugo pola prestación deste servizo público de atención ás emerxencias, a través deste do parque de bombeiros monfortino, ronda os 800.000 euros, sufragados a partes iguais pola Xunta e a Deputación de Lugo.

Características BNP

A Bomba Nodriza Pesada conta cun chasis da marca Renault, equipado cun motor de 319 CV. Tracción de 4×2 e caixa de cambios automática. Control de traxectoria e sistema contra envorcaduras. A dirección leva un panel de asistencia hidráulica con desmultiplicación variable para mellorar a manobrabilidade. Conta tamén con sistema antideslazamento ASR

A carrozaría está fabricada en chapa de aluminio e incorpora dous armarios laterais e un traseiro. tamén en aluminio e coa dotación correspondente. No que atinxe á iluminación, dispón dunha ponte de luces e 8 focos de iluminación perimetral: 2 dianteiros, 2 traseiros e 2 en cada lateral. Na dianteira leva tamén faro de traballo orientable.

A cisterna que se monta ten unha capacidade de 8.000 litros e está fabricada en aceiro-inox, compartimentada de feito que controla a dinámica interna dos movementos producidos pola carga de auga, e axuda a súa estabilidade.

4 de xullo de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.