O Corredor do Morrazo pecharase ao tráfico este xoves para executar a retirada dun cable que sostén a condución de abastecemento
A Xunta realizará mañá un peche total do tráfico no Corredor do Morrazo para levar a cabo a retirada dun cable que sostén a condución de abastecemento, no p.q. 2+400 desta vía.
Este corte terá lugar entre as 10 e as 10,15 horas da mañá, considerando que se trata dunha franxa horaria menos perxudicial para o tráfico nesta infraestrutura viaria.
A Consellería de Infraestruturas xa comunicou a realización desta restricción puntual na circulación á Garda Civil e á Dirección General de Tráfico.