O alcalde da Coruña esixe á Xunta un compromiso maior coa estación intermodal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reclamou á Xunta un “compromiso maior” coa futura estación intermodal da cidade e lamentou que o “esforzo” que se lle pide ao consistorio herculino é “maior” que a outras cidades galegas.

Así o indicou, en rolda de prensa, tras a reunión mantida este martes en Madrid no Ministerio de Fomento con representantes do Goberno local, do autonómico e Adif.

O alcalde destacou que “só houbo un pequeno avance” xa que a entidade pública ferroviaria está disposta a ceder o terreo da estación a cambio de parte da xestión do aparcadoiro pola que Adif obtería un beneficio próximo ao millón de euros.

Con todo, lamentou a posición da Xunta, a quen pide que faga un esforzo proporcional” coa futura estación intermodal da Coruña.

“O esforzo que se lle pide ao concello da Coruña é maior que a calquera outro concello de Galicia para ter a súa estación intermodal”, apuntou Ferreiro, que tamén subliñou o “maior esforzo” que está a realizar o consistorio herculino, disposto a destinar 5,8 millóns a esta infraestrutura.

Neste sentido, Ferreiro advertiu que non permitirá que o concello da Coruña “financie esta obra nunha proporción maior que outros”, posto que ademais as peculiaridades da mesma fan que non sexa comparable coa intermodal en Santiago, Ourense ou Vigo.

13 de xullo de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.