O 061-Galicia asistiu a 90 persoas por 57 accidentes na fin de semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 90 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 1 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 3 de xullo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 90 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
A Coruña: 19
Lugo: 10
Ourense: 3
Pontevedra: 25
Total Galicia: 57
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 sinistros. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.
En 78 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do accidente.











