Medio Ambiente destinará 600.000 euros á mellora do sistema de abastecemento da Cañiza
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou co alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, un convenio de colaboración que permitirá seguir mellorando e ampliando o sistema de abastecemento do municipio.
O orzamento consignado a estes traballos ascenderá a 600.000 euros, distribuídos en catro anualidades e cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Así, as actuacións -que conta xa co visto bo do Consello da Xunta- consistirán na construción dunha nova captación no río Deva e na impermeabilización do depósito existente. Ata agora, o concello subminístrase de mananciais, polo que, este acordo permitirá aumentar a garantía de abastecemento do concello.
A titular do departamento autonómico destacou a importancia de seguir apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.