publicidade hoxe

Medio Ambiente acometerá as obras de abastecemento de auga potable no núcleo de Prado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Friol. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Friol. Foto: X. Crespo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o alcalde de Friol, José Ángel Santos, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo abastecer de auga potable ao núcleo de Prado.

O investimento previsto para estes traballos será duns 200.000 euros a distribuír entre este ano e o seguinte, e que estarán cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O obxectivo último destas obras é dotar de abastecemento de auga potable ao núcleo de Prado para chegar con este servizo a un maior número de veciños e acadar así unha maior calidade de vida para os seus habitantes

Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga; axúdase ás entidades locais a mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

20 de xullo de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.