Lugo acolle o Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores o XII Congreso de SEAE, que por primeira vez acollerá a provincia de Lugo. Terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa. Nesta presentación, tamén participaron o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares; a Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, Belén do Campo Piñeiro; o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o Presidente de Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández Álvarez, e a Presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEA), Dolores Raigón Jiménez.

López Izquierdo destacou que a Deputación colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 40.000 euros, “que son un verdadeiro investimento para a nosa provincia, pois Lugo reunirá durante estes días a centos de expertos nacionais e internacionais, xuntando a un numeroso público e converténdose na capital española agroecolóxica por excelencia”.

A Deputada adiantou que con este investimento, o organismo provincial organizará, ademais, NaturaLugo, unha feira de produtos ecolóxicos, na que se está a traballar, e que se celebrará coincidindo co Congreso da SEAE, aproveitando o numeroso público.

13 de xullo de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.