Interceptan a un conductor ebrio en Ourense pola chamada dunha testemuña
Efectivos da Garda Civil de Ourense interceptaron na tarde deste mércores un home que conducía ebrio tras recibir a chamada dunha testemuña que alertou de que o vira coller o seu coche tras estar a beber alcohol nun bar.
En concreto, a testemuña dixo que esta persoa saíra dun bar próximo á estrada N-525 e que se dispoñía a conducir tras inxerir alcohol neste establecemento, polo que “non se atopaba nas condicións óptimas para facelo”.
De inmediato mobilizouse a patrulla máis próxima que, grazas á descrición do vehículo, interceptou o condutor e lle realizou a proba de alcoholemia, que deu un resultado positivo.
Ademais os axentes comprobaron que o home tiña decretada unha perda de vixencia do permiso de conducir, polo que se lle instruíron dilixencias.
A Garda Civil destacou que “cada vez é máis habitual este tipo de chamadas de alerta dos cidadáns” que comunican os axentes “condutas anómalas na condución” para “retirar da circulación condutores con comportamentos contrarios ás normas”.
Por iso, o corpo agradeceu a “colaboración” cidadá e pediu á poboación que, “cando observen condutas” como esta, “intenten de forma pacífica convencer o cidadán de que non se poña aos mandos dun vehículo ou de camiñar pola estrada”, e, de non o conseguir, comuníqueno” ás autoridades competentes.











