Hospitalizado un home que se atrincheirou durante 12 horas armado no seu domicilio en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

O barrio ourensán das Lagoas viviu durante a tarde deste luns momentos de tensión despois de que un veciño da rúa Bernardo González Cachamuíña se atrincheirase armado no seu domicilio e ameazase con dispararse. Tras 12 horas de peche, o home realizou un disparo que levou ao desenlace da situación e ao seu traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde permanece ingresado.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, o home, duns 60 anos, atrincheirouse sobre as 16,00 horas no seu domicilio cunha arma, coa que ameazaba con dispararse se non conseguía ver á súa parella, coa que mantivera unha discusión.

Efectivos de Policía Nacional, co seu equipo de mediadores, e da Policía Local, interviñeron no dispositivo para tentar que o home desistise nas súas intencións. Tamén foi mobilizada até a zona unha ambulancia do 061.

Dada a expectación xerada e para garantir a seguridade das persoas, os corpos de seguridade restrinxiron o acceso ao edificio onde se atopaba e pediron precaución para circular pola zona.

Ao redor das 4,00 horas da madrugada, tras 12 horas atrincheirado, o home realizou un disparo, o que precipitou a intervención dos axentes. Posteriormente, foi levado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde permanece ingresado con prognóstico reservado.

26 de xullo de 2016 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.