Deteñen a un home en Ourense pola explosión dunha bomba de palenque que causou danos nunha estación de bombeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

A Policía Nacional detivo en Ourense a un mozo de 24 anos como responsable dunha explosión causada por unha bomba de palenque que provocou danos nunha estación de bombeo de auga.

Segundo informou o corpo, os feitos tiveron lugar pasada a media noite do pasado 5 de xullo, cando se produciu unha explosión na pasarela que une a zona de acceso coa estación de bombeo do encoro de Ceboliño. Segundo o informe dos Tedax, foi causada por unha bomba de palenque, que ocasionou danos á empresa Viaqua por valor de entre 10.000 e 15.000 euros.

A investigación deu como resultado a identificación e detención de J.R.V.S., de 24 anos e natural de Ourense, como presunto autor dos feitos. O mozo, precisou a Policía, non ten antecedentes e “non está vinculado a ningunha organización”.

21 de xullo de 2016 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.