publicidade hoxe

Cores Tourís visita a comunidade de montes de Burgueira para comprobar as tarefas preventivas de loita contra o lume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOia
A-
A+
Cores Tourís na visita a Oia

Cores Tourís na visita a Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a comunidade de montes de Burgueira en Oia, co obxectivo de analizar as tarefas preventivas realizadas nesta área para evitar os lumes forestais.

Estivo acompañado do acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco.

Durante a visita, o presidente desta comunidade de montes, Camilo González, asegurou que es importante seguir a traballar na limpeza dos montes, de cara a ter o monte preparado para esta etapa estival, intentando así minimizar os posibles lumes que se puideran xerar.

En total, as o Distrito Forestal XVIII, ao que pertence o concello de Oia, obtivo 337.322,25 euros, con 43 expedientes aprobados, o que permitiu actuar sobre 693 hectáreas e construír 6 puntos de auga. Estas subvencións proceden da liña de axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. En relación ao concello de Oi, as axudas aprobadas para este ano foron de 47.575,52 euros.

“Na provincia de Pontevedra as axudas para prevención de danos causados polos incendios foron superiores o 2,5 millón de euros, triplicándose as axudas para limpeza, rozas e instalación de puntos de auga”, co fin de ampliara rede de case 1.000 puntos de carga de auga. Estas axudas, que chegaron a 176 sofores, destínanse a labores de silvicultura, forestación e execución de traballos en montes conveniados, de cara a manter o monte limpo e recuperar as zonas máis castigadas polos incendios, así como á colaboración cos concellos. Deste xeito, en 2016 estase a actuar sobre 2.430 hectáreas, construíndose ademais 29 puntos de auga.

Ademais, as comunidades de montes do distrito XVIII, no que se atopa a de Burgueira, contan tamén con 245.011 euros procedentes da Dirección Xeral de Montes co obxectivo de traballar sobre 270,84 hectáreas, que na provincia de Pontevedra roldan os 2,3 millóns de euros para actuar nun total de 1.796 hectáreas.

A comunidade de montes visitada hoxe conta cunha extensión de 2.057 hectáreas, xestionadas dentro do Plan de Ordenación realizado pola Xunta. “A superficie é, na súa maioría arborada, polo que é necesario adoptar medidas encamiñadas a prevención e defensa contra incendios forestais debido ao seu elevado valor dende o punto de vista forestal”, explicou Cores Tourís, quen comprobou hoxe as labores de prevención realizada nesta comunidade de montes e que se completarán cos traballos das brigadas de loita contra o lume e que inclúen rozas, recollida e eliminación de restos así como podas e clareos.

O distrito XVIII inclúe tamén os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Tomiño, con 59.514 hectáreas e no mesmo despregáronse este verán 26 brigadas de prevención e extinción, entre as propias da Xunta, as de Seaga, Tragsa e o propio concello. “Como novidade, os convenios cos concellos son, a partir deste ano, trianuais ata 2018 para facilitar a xestión das brigadas”, explicou Cores Tourís.

Na provincia, o total de brigadas é de 97. Cóntase cun total de 40 camións para a loita contra o lume, 14 deles deste distrito. Ademais, tamén cóntase cunha cisterna cedida pola Axega con 30.000 litros e situada no Parque de Maquinaria de A Xunqueira.

En canto ao apoio aéreo, xa se atopan operativas a base helitransportada do Campiño en Pontevedra e a de Silleda, cun helicóptero de coordinación e vixiancia, así como a de Queimadelos en Mondariz, que comezará a funcionar a partir do 15 deste mes. “En total, 4 helicópteros na nosa provincia”, recordou o delegado territorial.

José Manuel Cores Tourís incidiu na labor que están a desenvolver as forzas e corpos de Seguridade do Estado que vixiarán os montes durante esta campaña de verán, así como o Exército. Tamén apelou a labor cidadá solicitando a colaboración na detección precoz dos lumes e o aviso ás autoridades a través do 085. “Entre todos podemos conseguir que este sexa un bo verano para os nosos montes”, rematou.

11 de xullo de 2016 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.