Cores Tourís traslada ao rexedor de Cerdedo as melloras que se van a executar no centro de día e na escola infantil da localidade
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Cerdedo, José Balseiros, na que se analizaron as necesidades do centro de día e da escola infantil da localidade.
Neste senso, Cores Tourís, anuncioulle que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta xa ten aprobado o proxecto de mellora do edificio do centro de día e Fogar Residencial de Cerdedo, onde se investirán 10.000 euros. O obxectivo destes traballos, segundo matizou o alcalde da localidade, será a retirada das humidades dunha área do teito e a súa impermeabilización.
No caso deste edificio, conta con 48 prazas para usuarios entre o centro de día e o Fogar Residencial, todas elas ocupadas nestes intres, así como 21 traballadores.
No caso da Escola Infantil, o investimento por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade será de 60.000 euros, o que permitirá a remodelación interior do edificio, o tratamentos de envolventes e a mellora dos radiadores. Esta Galiña Azul conta con 35 prazas e 4 traballadores.