publicidade hoxe

Consellería do Mar e Concello de Mugardos consensúan unha proposta de reforzo de abrigo e dotación de novos amarres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e o Concello de Mugardos veñen de consensuar unha proposta de reforzo de abrigo e dotación de novas prazas de amarre para o peirao do municipio coruñés. Así quedou de manifesto tralo encontro de traballo celebrado esta mañá na sé do ente público entre o presidente do organismo autonómico, José Juan Durán, e o alcalde de Mugardos.

Durante a reunión de traballo, ambas administracións coincidiron na conveniencia de instalar un dique aboiante no peirao mugardés para reforzar a seguridade da frota que opera nel. Así mesmo acordouse instalar tamén novos módulos de pantalán para poder habilitar máis prazas de amarre na dársena.

Ademais ambas administracións asinarán nos vindeiros días un protocolo de colaboración para a recuperación e posta en valor do edificio da Casa do Reloxo, un inmoble situado na zona portuaria de especial valor patrimonial para o municipio.

26 de xullo de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.