publicidade hoxe

Consellería de Medio Ambiente e Concello de Melide asinan un convenio para mellorar o saneamento na parroquia de Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co Concello de Melide

Beatriz Mato na sinatura do convenio co Concello de Melide

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou coa alcaldesa de Melide, Dalia García, o convenio de colaboración que permitirá mellorar o saneamento da parroquia de Santa María.

Os traballos contarán cun orzamento duns 175.000 euros a distribuír entre este ano e o seguinte, e que estará cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

En concreto, o obxectivo é ampliar a rede de saneamento nuns 580 metros de lonxitude a ambos os dous lados da estrada N-547.

Ao remate da sinatura, Mato destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

22 de xullo de 2016 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.