publicidade hoxe

Cambados recibe 90.000 euros do Plan Concellos 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de aprobar tres investimentos en Cambados ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016, completando así o seu investimento. Estas tres actuacións son a dotación de biosaudables ao carón do parque infantil de Castrelo, para o que se destinan 50.000 €, a dotación de contedores soterrados na rúa Curros Enríquez, que recibirá 20.000 €, e o ensanche do viario situado na rúa Cruceiro, cun investimento doutros 20.000 €, é dicir, un total de 90.000 €.

O resto de accións aprobadas polo Plan Concellos en Cambados supoñen unha achega de 813.619,68 € repartidos do seguinte xeito: 431.754,16 €, na liña 1, para a mellora dos servizos urbanísticos da rúa Bimbio, o acondicionamento de viarios na parroquia de Vilariño, a mellora da superficie da pista de atletismo e das pistas de tenis do Pombal, o soterrado dos tendidos eléctricos da Rúa Real, a adecuación do quiosco de Torrado, a mellora da capa de rodaxe e dotación de beirarrúas en Burgáns, para o equipamento dun transformador nas inmediacións da Praza de Abastos, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes e a pavimentación de camiños nos lugares de Lourido e Sartaxes. Ademais, 135.767,02 €, dentro da liña 2, para o pago de gastos correntes, 33.941,76 € para o financiamento de “Actividade de Nadal” e “Actividade de Entroido” (ambas as dúas enmarcadas na liña 3) e, por último, 202.101,65 € coa fin de xerar 29 novos postos de emprego no concello, na liña 4.

O 100% do grao de execución en Cambados supón que o Plan Concellos 2016 destina a cantidade de 903.619,68 € na vila do Salnés.

20 de xullo de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.