publicidade hoxe

Beatriz Mato e o alcalde de Fisterra asinan o convenio que permitirá executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterra
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Fisterra. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Fisterra. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe co alcalde de Fisterra, José Marcote, o convenio de colaboración que permitirá executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago. A Xunta ten previsto investir máis de 380.000 euros nesta actuación, que estarán cofinanciados por fondos FEDER.

Actualmente, na zona da actuación estanse a recoller augas procedentes dun arroio, o que supón unha achega de augas pluviais que produce un gasto de enerxía innecesario no bombeo que envía as augas negras á EDAR municipal. Para evitar isto, executarase un novo colector de augas pluviais ao longo da rúa Manuel Lago Pais, que captará as augas limpas procedentes do arroio no seu punto máis alto e as conducirá ata un punto de desaugadoiro que existe na costa.

Mato puxo en valor actuacións como a recollida no convenio asinado hoxe, que demostran unha clara vontade de colaboración entre a administración autonómica e a local para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

19 de xullo de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.