publicidade hoxe

Barro acada o 100% do investimento do Plan Concellos coa achega de case 30.000 euros para o parque infantil de Cangrallo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar a achega que completa o orzamento dedicado ao concello de Barro ao abeiro do Plan Concellos 2016. O financiamento aprobado, por valor de 28.913,99 €, é unha actuación no parque infantil de Cangrallo, a cal forma parte da liña 1, investimentos, do devandito Plan Concellos 2016.

Anteriormente, a institución provincial xa aprobara os seguintes investimentos do Plan Concellos na vila: 266.074,40 € en liña 1 para actuar na seguridade e mellora de viarios municipais, o saneamento de Fonte de Curro, de Piñeiro e de Valbón, actuar na pista deportiva de San Antoniño, pavimentar un viario en Sequeiros, mellorar e reparar varios parques infantís e mellorar os accesos a Fonte de Curro e Porráns, 14.990,58 € en liña 3 para o financiamento da XXXVII Festa do Viño de Barro e as actividades lúdicas “Barro 2016” e, por último, 89.532,56 € que a través da liña 4 crearon 16 postos de emprego nos servizos municipais da localidade.

A Deputación de Pontevedra, ao completar o orzamento do Plan Concellos 2016 nesta localidade, xa achegou ao concello de Barro a cantidade de 399.511,53 € nas tres liñas para as que a vila presentou actuacións ao abeiro do proxecto estrela do primeiro ano de lexislatura do novo Goberno provincial.

20 de xullo de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.