publicidade hoxe

Augas de Galicia estudará a segunda fase do proxecto de abastecemento de Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelón
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, estudará acometer a segunda fase do proxecto de abastecemento do concello de Melón.

Así llo trasladou hoxe o director deste ente autonómico, Roberto Rodríguez, á alcaldesa do concello, María Cristina Francisco, durante unha xuntanza de traballo que mantiveron esta mañá en Santiago.

O responsable autonómico sinalou que os técnicos estudarán este proxecto e que, de resultar unha avaliación positiva, o proxecto podería empezar a redactarse este mesmo ano.

Os traballos consistirían en mellorar o abastecemento dos núcleos de Melón e Chan de Quins. Para conseguilo, melloraríase a captación do río da Cortella e construiríase un novo depósito nunha cota máis elevada no río Cerves. O investimento aproximado necesario para executar estas obras ascendería a uns 150.000 euros.

8 de xullo de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.