publicidade hoxe

Asínase o convenio que permite a licitación das obras de saneamento nas parroquias de Vilacoba e Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Europa Press
Sinatura do convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Lousame

Sinatura do convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Lousame

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará un orzamento de 200.000 euros á execución das obras de saneamento nas parroquias de Lousame e Vilacoba, no Concello de Lousame.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o concello, polo que se garante a execución desta actuación que será cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020.

Tal e como lle manifestou a alcaldesa á conselleira, na actualidade os lugares de Filgueira, Seixido e Servía non existe rede de saneamento, polo que coa actuación que executará Augas de Galicia preténdese instalar un sistema de saneamento e depuración nos citados lugares para dar servizo aos veciños da zona.

Pola súa parte, a conselleira trasladoulle á alcaldesa que, tras a sinatura do convenio, Augas de Galicia pode iniciar a tramitación necesaria para licitar esta actuación no prazo máis breve posible, co fin de iniciar as obras ao longo deste mesmo ano.

Para rematar, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

4 de xullo de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.