Arturo Parrado sitúa o traballo como un dos piares básicos na inserción das persoas en risco de exclusión social na entrega de diplomas dos cursos de Xarela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Entrega de diplomas aos participantes no curso

Entrega de diplomas aos participantes no curso

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na mañá de hoxe no acto de entrega de diplomas dos cursos de informática e operario/a de limpeza da Asociación Xarela. Alí, insistiu unha vez máis na importancia da integración social plena para todas aquelas persoas que presentan dificultades e apuntou cara o traballo como “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.

Os cursos de informática e operario/a de limpeza da Asociación Xarela procuran fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Ademais, mediante a realización destes cursos os participantes mellorarán as súas competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión.

O director xeral garantiu o apoio da Xunta de Galicia a todos os proxectos que “promovan a inclusión social e a loita contra a pobreza mediante o achegamento das persoas á sociedade” e recordou que os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social para 2016 medraron un 21% con respecto ás partidas consignadas en 2015.

15 de xullo de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.