publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 220.000 euros na mellora da rúa Vilanova, no concello da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura do convenio co alcalde da Cañiza

Ethel Vázquez na sinatura do convenio co alcalde da Cañiza

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión co alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez, na que asinaron un convenio para mellorar a accesibilidade,mobilidade e a seguridade viaria da rúa Vilanova.

Vázquez Mourelle subliñou que o Goberno Galego comprométese a licitación, execución e financiamento das obras cun orzamento de 190.000 euros, mentres que o Concello de A Cañiza achegará ata 30.000 euros. Desta maneira, o convenio contará cun orzamento total de ata 220.000 euros.

A conselleira destacou que a actuación suporá unha importante mellora da vía mediante a súa reordenación ao longo de 170 metros, suprimindo unha das dúas bandas actuais de aparcadoiros para poder anchear as beirarrúas. Ademais, con estas obras, mellorarase tamén o firme da estradas e renovarase as redes de saneamento, abastecemento e alumeado.

Unha vez remate a redacción final do proxecto, iniciarase a contratación das obras neste mesmo verán para poder, desta forma, comezar os traballos de mellora antes de que remate o ano.

Con este convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de A Cañiza estase a reforzar a seguridade viaria da rúa Vilanova, facéndoa mais cómoda e accesible para tódolos veciños e usuarios dando resposta a demanda proposta polo seu alcalde.

Este proxecto enmárcase no conxunto de actuacións que A Xunta está a realizar para mellorar case 600 km de rede autonómica galega dos que xa están licitados o 90% destes traballos que se van realizar.

22 de xullo de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.