A Xunta inicia as obras en dous treitos urbanos da rúa da Granxa en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia esta mesma noite, a reparación de dous treitos do firme actual da rúa da Granxa (OU-101), no Concello de Ourense.

Os dous tramos sobre os que se vai actuar son completamente urbanos, polo que se fai necesario afectar ao tráfico para executar dita actuación, co que se levará cabo na madrugada entre hoxe e o xoves, co fin de causar as mínimas molestias posibles tanto a peóns como automobilistas.

Estas tarefas realizaranse nuns 200 metros, concretamente, nos comprendidos entre os puntos quilométricos 0+220 e 0+460 e dende o 1+100 ata o 1+300, ambos na capital das Burgas.

Como sinalamos, os dous tramos son urbanos, en especial o primeiro que está totalmente consolidado, por elo e para minimizar a afección ao tráfico traballarase en horario nocturno. As obras iniciaranse sobre as oito da tarde e pararán ao redor das oito da mañá do xoves. No caso de que no consigan rematar, continuarán traballando ese mesmo xoves pola tarde, no mesmo horario.

Nesta actuación aproveitarase a pavimentación do punto quilométrico 0+220 ao 0+460 para executar un novo paso sobreelevado, aproximadamente, no PK 0+400, solicitado polo Concello.

6 de xullo de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.