publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso polos concellos de Narón, San Sadurniño e As Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs PontesLocal PortadaNarónSan Sadurniño
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación do firme na autovía Ferrol- Vilalba, AG-64, ao seu paso polos concellos de Narón, San Sadurniño e As Pontes, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria. Estas obras suporán un investimento por parte da Administración autonómica de 490.000 euros.

As actuacións de mellora da capa de rodadura comezarán no p.k.0 sentido Ferrol- As Pontes e levaranse a cabo en treitos puntuais comprendidos entre os PK 3+140 a 18+200 e PK 33+180 a 39+300. Estas obras foron adxudicadas a empresa Lancer Proyectos y Obras, S.A.

As obras consistirán no fresado dos tramos, en primeiro lugar, e posteriormente reposición de firme e repintado coa fin de dotar a vía dunhas condicións que garantan a comodidade e seguridade na condución.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Así, estes traballos forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millóns de euros.

5 de xullo de 2016 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.