publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia as obras de construción de beirarrúas na estrada PO-548 no concello de Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+

A Xunta de Galicia inicia hoxe as obras de construción de beirarrúas na marxe esquerda da estrada PO-548, ao seu paso polo Concello de Valga, coa fin de incrementar a seguridade viaria.

Estes traballos, que se executarán no prazo dun mes, contan cun orzamento por parte do Goberno galego de aproximadamente de 26.000 euros.

A actuación levarase a cabo no tramo comprendido entre o PK 2+760 e o 3+020 da citada estrada. De xeito previo a esta actuación, levaranse a cabo os traballos de canalización de augas pluviais mediante a colocación dun colector na zona.

As obras comezarán con movementos de terra e escavacións, execución dun colector de pluviais e arquetas, e finalizarán coa construción dunha beirarrúa de formigón con 15 cm de espesor, reforzado con malla nas zonas de acceso ás edificacións.

A Consellería de Infraestruturas, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionando así aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

18 de xullo de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.