publicidade hoxe

A Xunta destina 600.000 euros a melloras e reformas de 10 centros educativos dos concellos do Val Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+
López-Chaves na visita ao CEIP Fontes Baíña de Baiona

López-Chaves na visita ao CEIP Fontes Baíña de Baiona

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitou está maña o CEIP Fontes Baíña, onde a Xunta investirá preto de 230.000 euros para a mellora da cuberta e o patio infantil.

Coma explicou o encargado do proxecto, Faustino Mena, a reforma no colexio de Baiona suporá o cambio da cuberta actual de fibrocemento por outra de paneis mentres que no patio infantil se pecharán dous laterais do mesmo por estar “moi exposto” aos ventos. As obras contan cun prazo de execución de 2 meses e, coma dixo o delegado, realizaranse na época estival “para non interromper” o normal funcionamento do curso escolar.

López-Chaves e o alcalde estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Beatriz González, a directora do centro, Lourdes Fernández, e membros do equipo directivo así coma técnicos do departamento de Educación da Xunta de Galicia. O rexedor baionés agradeceu así a “importante” inversión que fará a Consellería de Educación no centro lembrando que era unha “petición de fai anos” ademais de esperar que estean rematadas “en breve” para que centro e colectivos “poidan desfrutar delas”.

Pola súa banda, o delegado informou que só en centros educativos do Val Miñor a Consellería de Educación destinará preto de 600.000 euros para atender as demandas de 10 centros educativos da comarca. Deste xeito, o investimento no CEIP Fontes Baíña non será o único que se vai a executar posto que ao CEIP Belesar se destinan case 7.000 euros para a mellora do acondicionamento xeral. Mentres, no Concello de Gondomar se mellorarán os ventanais do CEIP Serra de Vincios cun presuposto de 55.000 euros ademais de asumir as obras do parque infantil do CEIP Souto-Donas.

Por último, en Nigrán, se actuará no CEIP Carlos Casares e no IES Val Miñor que dispoñen, respectivamente, de 30.000 euros para o cambio de ventás e de 200.000 euros para a renovación de falsos teitos, ventás e luminarias. Un investimento que ven a engadirse aos aproximadamente 30.000 euros de actuacións de mellora, acondicionamento e reforma doutros centros de infantil e primaria deste municipio (os CEIP da Cruz, Humberto Juanes, Mallón, e a EEI As Dunas de Panxón).

López–Chaves aclarou que os centros nos que se acometen estas melloras son os que presentaban unhas demandas máis urxentes segundo a valoración dos técnicos ademais de explicar que estas inversións proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida á educación. Ademais, no que respecta á obra de Baiona, sinalou que estes traballos eran unha “reclamación constante” por parte do Concello para lograr o obxectivo de “mellorar as condicións” das instalacións educativas. Outros municipios con partidas para infraestruturas educativas da área territorial son, ademais dos tres concellos do Val Miñor, Vigo, Soutomaior, Fornelos, Porriño e Redondela.

22 de xullo de 2016 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.