A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudica a reforma dos vestiarios do polideportivo do IES de Beade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar mediante procedemento aberto o contrato de execución da obra de reforma dos vestiarios do pavillón polideportivo do IES de Beade, en Vigo. Esta obra forma parte do convenio de colaboración asinado entre a institución provincial e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, co obxecto de proceder á execución das obras de mellora nas instalacións deportivas do Instituto de Educación Secundaria de Beade.

A obra foi adxudicada á empresa “Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.”, despois de que a Mesa de Contratación valorase todas as ofertas presentadas e descartase outras por non estar xustificadas debidamente, e tras presentar a empresa beneficiaria a documentación requirida pola institución provincial para asegurar o cumprimento dos requisitos para a contratación e das súas obrigas. O importe da obra por parte da Deputación de Pontevedra é de 142.083,04 €, IVE incluído, ao tempo que establece o prazo de execución de dita obra nun mes.

29 de xullo de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.