A Xunta comeza os traballos de limpeza das parcelas do Bertón destinadas a vivenda protexida
A Xunta, a través da empresa pública Xestur, comezou hoxe os traballos de limpeza e adecuación das parcelas de solo residencial das que é titular no polígono do Bertón, en Ferrol, co obxectivo de manter a zona en condicións óptimas garantindo a comodidade e seguridade dos veciños da zona. Os traballos estarán rematados nesta mesma semana.
No polígono do Bertón, o Goberno galego pon á disposición dos promotores e cooperativas solo residencial urbanizado destinado exclusivamente á construción de vivendas de promoción pública.
No polígono residencial do Bertón, a Xunta xa construíu dous bloques de 24 e 28 vivendas de promoción pública, que foron entregadas aos seus adxudicatarios na primavera de 2015.











