A Xunta comeza as obras de rehabilitación do firme en varios treitos da autovía AG-58 no concello de Teo
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezou hoxe as obras de rehabilitación do firme na autovía entre Penelas e Cacheiras na AG-58, no Concello de Teo, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria.
As actuacións de mellora da capa de rodadura levaranse a cabo en treitos puntuais comprendidos entre os p.q. 0+000 e 1+400, actuando así nun total de 1,4 km de lonxitude.
A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estes traballos mediante a achega económica dun importe de preto de 60.000 euros.
As obras consistirán no fresado dos tramos, en primeiro lugar, e posteriormente reposición de firme e repintado coa fin de dotar a vía dunhas condicións que garantan a comodidade e seguridade na condución.
Estes traballos teñen un prazo de execución de dous a tres días aproximadamente, polo que se prevén peches de tráfico puntuais que estarán sinalizados.
Ademais, nos próximos días vanse retirar as bandas transversais de alerta existentes entre o p.q. 0 e 0+500 na AG-59 (Santiago- Pontevea) para poder estender o microaglomerado nos próximos días.